Agustín expresa que a súa intención foi «narrar as consecuencias que pode ter nas vidas das persoas a existencia destes muros que afondan na desigualdade. Eu quería unha historia como un alegato contra tódolos muros. Creei unha sociedade nunha vila, na que están primeiro os muros invisibles que propician a división. Estes, despois, acaban cristalizando nun muro de arame e de cemento. É un texto que ten a súa dureza, pero que está escrito coa delicadeza posible e que deixa un asomo esperanza.»
Valados aborda unha historia de alcance universal. Na actualidade, existen no mundo máis de 7.600 km de muros, erixidos para separar ás persoas ou para impedir as migracións. A estes hai que engadirlles outros máis numerosos: os muros invisibles, que favorecen a exclusión social e a inxusticia.


