Damián ten 53 anos e traballa como operador de cabina nun dos cines máis importantes da súa cidade. A súa paixon polo cine é tan intensa, que incluso adoptou o costume de utilizar frases de películas para expresar os seus sentimentos e opinións. Pero un queda sen emprego e a partir dese momento, a súa vida e a da súa muller, Marga, experimentan unha transformación de consecuencias insospeitadas.
Fantasmas de luz aborda o tema da exclusión social e a "corrosión do carácter" provocada pola voracidade capitalista. A narración contrúe por medio de elementos cinematográficos, que xogan un papel moi relevante, ademais de contar cunha interesante novidade estrutural, xa que, como acontece ás veces nos DVD, detrais da narración aparecen seis "Tomas extra" , relatos que amplía, iluminan e dan perspectiva nova sobre feitos e personaxes da novela. No axexo titulado " As da novela" incluense as fichas das 52 películas que se citan na novela, comentadas polo autor.

